As arbores morren en pe




AS ÁRBORES MORREN EN PÉ

Alejandro Casona
  
   Nin secuestradores, nin tolos, nin rufiáns. Os personaxes do noso primeiro acto son soñadores que pretenden practica-la caridade coas almas nun mundo onde a loucura é a única alternativa á estupidez. As portas da súa organización están abertas para facernos ver que non pode haber ningún problema que non poida verse mitigado por un pouco de fantasía.

   Pero cando chega á oficina unha moza desesperada que vai recibi-la axuda ofrecendo a súa actuación, o director da axencia esquece o seu control ante os sentimentos e ela non sabe diferencia-lo seu traballo da súa vida.

   Fronte a eles e con eles, unha anciá que é quen de enfrontarse ó pasado que volve -a un neto que xa non ten o seusangue pero si a frialdade de reclamar o que cre que é seu- e de morrercon dignidade devolvendo a felicidade que lle foi ofrecida.

   Por riba de nenos secuestrados, entradas secretas, atlas do Canadá ou receitas caseiras atopámonos co cuestionamento da verdade cando non está á altura das circunstancias e co poder da mentira cando é o único camiño para chegar á nosa verdade.

   ¿Por que pecha-la poesía nos libros?
   ¿Por que soñar algo mellor ca nós mesmos?
   ¿Por que non morrer en pé, coma as árbores?


R E P A R T O
(por orde de aparición)

MECANÓGRAFA:
Romina Ferral
HELENA:
Ángeles Quintas
PASTOR:
Benjamín Martínez
ILUSIONISTA:
Miguel A. Juncal
ISABEL:
Sara L. Nogueira
BALBOA:
Enmanuel Girondo
MENDIGO:
Miguel A. Juncal
MAURICIO:
Daniel A.Rodríguez
FELISA:
Inés Boubeta
XENOVEVA:
Ángeles Quintas
AVOA:
Lucía Durán
OUTRO:
J. Daniel Costas


Luces e Son:
Javi García

Escenario:
Teatro Avresno

Vestiario:
Sara L. Nogueira

Dirección:
Daniel A. Rodríguez


Agradecementos:
María, Ádega por ternos conta dos cartos e poñernos guapos.


Ver fotografías da obra