
A monótona apatía dunha estraña familia rómpese cando a presencia dun vagabundo no seu xardín fai que se decate de que a súa vida ten sentido: chegar a parecer superior aos demais. A continuación presenciaremos unha fermosa comunicación entre a sociedade de benestar e a sociedade de malestar; un grupo de extravagantes títeres obsesionados polos cartos, a moda, o sexo ou a simple supervivencia.
Velaquí unha peza atemporal sobre o absurdo dunha sociedade dominada pola incoherencia e a frivolidade, onde a poesía ou os amantes exóticos cotizan á alza e cadaquén ten algo que ocultar. Dubidaremos das aparencias que dominan un mundo poboado por bardos, paranoicos, liberais ou marxinados. Decatarémonos de que todos entramos no xogo e de que, cando a historia o require, todo ten o seu prezo.
Eduardo Quiles
Eduardo Quiles (Valencia, 1940), dramaturgo censurado polo franquismo, fundador da compañía Escena-I (1985-1997), cultivador do monólogo y da peza breve, poeta, novelista e conferenciante, publicou recentemente na Asociación de Autores de Teatro o seu Teatro do personaxe, que comprende a súa obra escollida, tanto teatro breve, como ensaio, como versións musicais, que empezou a escribir tras "El frigorífico" (1987). Autor traducido ó alemán e ó inglés (estrenou no off-off Broadway, lugar do teatro de vangarda) e incluido no polémico "Spanish underground" drama de George Wellwarth, ensaio editado pola extinta editorial Villalar.
| TEODORA:
|
Sara L. Nogueira |
| RULFO: |
J. Daniel Costas |
| GISELA: |
Ángeles Quintas / Rosa Fernández |
| CASIMIRO FAUS:
|
Benjamín Martínez |
| PABLO (PAUL VERLAINE):
|
Enmanuel Girondo / David Serrano |
| MARILINDA: |
Lucía Durán |
| ESCABECHE: |
Daniel A. Rodríguez |
| FUNERARIA: |
Rosa Fernández / Paula Martínez |
| FUNERARIO: |
Gerardo Morales |
Técnico de Luces:
Jose A. Brun
Técnico de Son:
Xoán Barreiro / Juaco Martínez
Iluminación:
Benjamín Martínez
Escenario:
J. Daniel Costas
Daniel A. Rodríguez
Vestiario:
Sara L. Nogueira
Lucía Durán
Selección musical:
Sara L. Nogueira
Daniel A. Rodríguez
Dirección:
Daniel A. Rodríguez
Agradecementos:
A Marta, Cris, Carmen e Xavi polas súas composicións musicais,
a María por ternos conta dos cartos e a Xerigonza Teatro pola súa
colaboración.