15 de Xullo de 2008
Teatro Avresno participará na VII Mostra de Teatro Afeccionado do Condado "Móstrate" que se celebrará os próximos 23, 24, 25 e 26 de Xullo. "Historias íntimas do Paraíso" se representará o sábado 26 ás 22:30 no recinto de festas das Fraguiñas en Fornelos da Ribeira, Salvaterra de Miño (Pontevedra).
18 de Maio de 2008
Teatro Avresno publicou en YouTube un vídeo presentación de "Historias Íntimas do Paraíso". Podes velo na páxina de fotos da obra.
22 de Abril de 2008
Teatro Avresno xa forma parte da FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado). Desde hoxe participará nas actividades desenvolvidas por esta entidade.
28 de Marzo de 2008
Teatro Avresno actuará con "Historias Íntimas do Paraíso" o domingo 13 de Abril nun Ciclo de Teatro organizado pola Asociación Avante de Portonovo. Será ás 20:00h no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo (Pontevedra)
2 de Marzo de 2008
A Asociación Teatro Avresno foi incluída un ano máis no Plan Cultural 2008 da Deputación de Pontevedra (grupo A). Calquera entidade de Pontevedra pode solicitar a actuación de Teatro Avresno a través da Deputación (986 804 100) facéndose cargo esta dos gastos da representación.
23 de Febreiro de 2008
Teatro Avresno participará na IV Mostra de Teatro Galego Afeccionado Concello de Sada, Premios Lugrís Freire. Representará a súa última obra "Historias Íntimas do Paraíso" o domingo 23 de Marzo ás 19:30h en Sada (A Coruña).
21 de Xaneiro de 2008
Teatro Avresno xa aparece na Galipedia (Wikipedia en galego): http://gl.wikipedia.org/wiki/Teatro_Avresno
15 de Xaneiro de 2008
Teatropía inaugura un novo foro adicado ó teatro onde Teatro Avresno ten o seu oco. Agora xa é posible deixar mensaxes e entablar debates sobre o mundo teatral e a nosa agrupación.

15 de Decembro de 2007
Teatro Avresno estrenará a súa última obra "Historias íntimas do Paraíso" o sábado 12 de Xaneiro ás 22:30h no auditorio do Centro Cultural Daniel Castelao (Biblioteca Pública) de Quintela - Moaña, como continuación do Certame de Teatro Afeccionado "FEGATEA MÓVETE 07".

15 de Marzo de 2007
A Asociación Teatro Avresno foi incluída novamente no Plan Cultural 2007 da Deputación de Pontevedra (grupo A). Calquera entidade de Pontevedra pode solicitar a actuación de Teatro Avresno a través da Deputación (986 804 100) facéndose cargo esta dos gastos da representación.
30 de Setembro de 2006

Teatro Avresno comeza a preparar unha nova obra. Trátase dunha polémica comedia sobre a historia de Adán e Eva...

31 de Marzo de 2006
A Asociación Teatro Avresno foi incluída no Plan Cultural 2006 da Deputación de Pontevedra (grupo A). Calquera entidade de Pontevedra pode solicitar a actuación de Teatro Avresno a través da Deputación (986 804 100) facéndose cargo esta dos gastos da representación.
23 de Novembro de 2005

Teatro Avresno actuará en Moraña polo Nadal por iniciativa da A.A. V.V. da Amil.

15 de Agosto de 2005

Teatro Avresno actuará na Semana Cultural organizada pola A.A. V.V. de Berducedo (Moaña). Será o próximo 8 de setembro.

1 de Maio de 2005

A actuación de Teatro Avresno en Albocaça (Portugal) xunto con Xerigonza Teatro resultou un éxito. A acollida en Portugal foi inmellorable e a experiencia foi como para repetir...

12 de Marzo de 2005

Teatro Avresno participará xunto con Xerigonza Teatro no II Festival de Teatro Amador de Benedita (FESTTEATRO) - Albocaça (Portugal). Será o 30 de Abril.

1 de Decembro de 2004

Incorpóranse 2 novos actores ó grupo para substituír as 2 baixas que tiveron lugar despois da actuación de Cangas.

9 de Outubro de 2004

Teatro Avresno participará no "II Ciclo de Teatro Afeccionado de Cangas" organizado por "A CEPA". Actuará o Venres día 29 de Outubro ás 22:30h. no auditorio de Cangas.

8 de Outubro de 2004
Hoxe aparece no suplemento "Vivir no morrazo" que ven co periódico "Diario de Pontevedra" un artigo sobre Teatro Avresno donde se fai un percorrido polos seus 7 anos de existencia con fotos da obra "A súa maxestade a moda".
2 de Maio de 2004
O estreno de "A súa maxestade a moda" que foi anunciado en "Faro de Vigo" e "Atlántico Diario" tivo unha grande afluencia de público. A impresión xeral foi moi boa, semella que a xente disfrutou coa obra, o cal nos enche de satisfacción e nos anima a empezar unha xira de actuacións en canto a nosa disponibilidade o permita.
1 de Abril de 2004
Teatro Avresno estrena a súa última obra "A súa maxestade a moda" o sábado 1 de Maio en Moaña. Será no auditorio do Centro Cultural Daniel Castelao ás 23:00h.
31 de Marzo de 2004
A Asociación Teatro Avresno foi incluída no Plan Cultural 2004 da Deputación de Pontevedra (grupo A). Agora calquera entidade de Pontevedra pode solicitar a actuación de Teatro Avresno a través da Deputación (986 804 100) facéndose cargo esta dos gastos da representación.
8 de Marzo de 2004
Apróbase no BOE do 13-01-04 un novo Real Decreto (RD 1740/2003) que obriga a modificar os estatutos das Asociacións sen ánimo de lucro e outro (RD 296/2004 do BOE do 27-02-04) referida ó réxime fiscal posto que agora esíxese un maior rigor na contabilidade.
4 de Marzo de 2004
Apróbase no DOGA a "Orde do 6 de febreiro de 2004 pola que se convocan subvencións a particulares, asociacións e institucións culturais para a realización de actividades culturais". Prazo: 40 días naturais a partir de hoxe.
20 de Maio de 2003
Xerigonza Teatro da Universidade de Vigo actúa en Moaña o vindeiro Venres 23 de Maio coa obra "A Pousadeira". Consulta a sección de calendario para máis información
3 de Abril de 2003
A Asociación Teatro Avresno foi incluída no Plan Cultural 2003 da Deputación de Pontevedra (grupo B). Agora calquera entidade pode solicitar a actuación de Teatro Avresno a través da Deputación (986 804 100) facéndose cargo esta da maior parte dos gastos.
24 de Decembro de 2002
Teatro Avresno deséxalles un bo Nadal e un próspero ano novo.
8 de Decembro de 2002
Existe un foro de visitas (http://boards.melodysoft.com/galicianegra/) e un libro de visitas (http://gbooks.melodysoft.com/galicianegra/) donde poder expresar opinións sobre a marea negra galega.
7 de Decembro de 2002
Hoxe, no Ciclo de Teatro de Moaña, tras finalizar a actuación de Tic-Tac do grupo Teatro de Ningures, éstes leron un comunicado de solidaridade co pobo galego pola marea negra. Debemos loitar todos xuntos que nunca máis suceda algo así.
6 de Decembro de 2002
A Asociación Teatro Avresno mostra a súa indignación pola desastrosa xestión levada a a cabo polo goberno ante acatástrofe do petroleiro Prestige que tinguiu as nosas costas de negro e solidarízase cos milleiros de persoas que traballan arreo por tratar de paliar na medida do posible o imposible. NUNCA MÁIS.
3 de Decembro de 2002
Teatro Avresno inaugura un FORO DE DEBATE de Teatro en Galicia. Entra e comparte as túas opinións.
16 de Novembro de 2002
Teatro Avresno incorpora dous novos actores tralas dúas baixas dos dous actores más xoves facendo que a plantilla actual se manteña en 9 actores.
2 de Novembro de 2002
Hoxe comeza o Circuito de Teatro de Moaña 2002. Será tódolos sábados do 2 de Novembro ó 21 de Decembro ás 23:00 horas. O lugar: un pavillón do colexio de Tirán "acondicionado" para a ocasión. É moi triste que coa forte tradición de teatro que hai en Moaña, a xente e os grupos profesionais teñan que meterse en lugares como ese. MOAÑA NECESITA UN AUDITORIO XA.
24 de Setembro de 2002
Parece que os trámites para legalizar a asociación foron exitosos e xa temos a inscrición provisional no Rexistro Central de Asociacións de Galicia...

ACABA DE NACER A ASOCIACIÓN TEATRO AVRESNO

4 de Maio de 2002
A nosa obra "As árbores morren en pé" inaugurou onte o I Ciclo de Teatro Afeccionado de Cangas, que tivo unha calurosa acollida.
27 de Abril de 2002
Aparece unha foto da nosa obra "As árbores morren en pé na edición de hoxe do xornal Comarca do Morrazo nunhan noticia que anuncia o I Ciclo de Teatro de Cangas coa participación de Sito Parada na inauguración, xusto antes da nosa representación.
25 de Abril de 2002
E polo contrario parece ser que o Ciclo de Teatro Afeccionado de Moaña suspendeuse. É moi triste que se solapen dous actos iguais en Cangas e Moaña os mesmos días e as mesmas horas. Suponse que moaña non pode competir co Auditorio de Cangas ¿...?
06 de Abril de 2002
Finalmente o Ciclo de Teatro Afeccionado de Cangas vai adiante e Teatro Avresno participará coa obra "As árbores morren en pé" o día 3 de Maio.
15 de Marzo de 2002
Teatro Avresno súmase ó Ciclo de Teatro Afeccionado que vai ter lugar en Moaña nos meses de Abril e Maio. En principio a nosa actuación queda fixada para o 10 de Maio.
07 de Marzo de 2002
Finalmente non hai actuación en Cangas o día 8 de Marzo. En principio aprázase de forma indefinida...
22 de Febreiro de 2002
Parece que hai problemas co Auditorio de Cangas para a actuación do 8 de Marzo. Ó parecer hai intereses económicos que priman sobre os culturais.
31 de Decembro de 2001
Teatro Avresno dexésavos unhas felices festas e un estupendo comezo de ano que por ser capicúa, esperemos que nos axude a levar a bo porto tódolos nosos proxectos.
24 de Novembro de 2001
A nova obra titúlase "A súa maxestade a moda" de Eduardo Quiles. Esperamos que se convirta nun reto moi creativo para o grupo.
10 de Novembro de 2001
Tralas últimas reunións por fin temos escollida unha nova obra para a vindeira temporada. Trátase dunha comedia absurda con tódolos ingredentes necesarios para facer desta unha obra moi divertida.
24 de Setembro de 2001
Finalmente coa actuación do sábado 29 de setembro no Café Teatro do Real en Moaña retomamos a posta en escena da nosa última obra "As árbores morren en pé".
8 de Agosto de 2001
Sen deixar de lado "As árbores morren en pé" que continuaremos representando en Outono, empezamos a buscar unha nova obra para a próxima temporada. Moi probablemente unha comedia moderna con pinceladas de absurdo.
22 de Maio de 2001
Xa temos fotos de "As árbores morren en pé". Podes velas desde a sección de fotos.
20 de Maio de 2001
Grande éxito nas actuacións de Vigo. Ó auditorio acudiron máis de 60 persoas, o cal non está nada mal considerando que ese sábado había moitísimas actividades en Vigo. Na actuación para a Universidade houbo un par de problemas: nos folletos da programación da semana cultural polas Letras Galegas da Universidade de Vigo saía o nome do grupo como TEATRO AURESMO en lugar de TEATRO AVRESNO e ademais solaparon a actuación coa de Llullu Teatro, aínda que houbo unha cálida acollida no Salón de Actos da Escola de Telecomunicacións. Así e todo, mal pola organización.
18 de Abril de 2001
Xa temos novas actuacións concertadas en Vigo. Serán no Auditorio do Concello de Vigo o 12 de Maio e no Salón de actos de Teleco (CUVI) o 16 de Maio. Máis información
27 de Marzo de 2001
Finalmente haberá actuación en Bueu. Será o próximo Domingo 1 de Abril ás 20:30h. Quedan pendientes as actuacións en Vigo e Pontevedra.
12 de Marzo de 2001
Magnífica acollida no estreno da obra. Máis de 100 persoas asistiron á actuación que tivo un gran dinamismo de principio a fin no cal non faltaron risas, nin momentos emotivos nin situacións de tensión, tódolos ingredentes necesarios que fixeron que o público disfrutase na súa butaca.
6 de Marzo de 2001
Xa é definitivo, estrenamos este Sábado día 10 de Marzo ás 22:30h no Centro Cultural Daniel Castelao de Quintela en Moaña. Esperamos a vosa asistencia.
23 de Xaneiro de 2001
Finalmente o estreno da obra ten que quedar para Marzo (probablemente para o día 10). Ademáis xa temos en trámites algunhas actuacións máis das cales iremos informando.
13 de Xaneiro de 2001
Lamentamos comunicar que finalmente non se puido levar a cabo o estreno da obra hoxe Sábado por causa de forza maior. Rogamos desculpen as molestias e xa informaremos da nova data de estreno en canto poidamos determinala.
12 de Xaneiro de 2001
Xurdiron algunhas complicacións de forza maior que poden causar que se aplace o estreno da obra...
4 de Xaneiro de 2000
Xa temos data para o estreno de "As árbores morren en pé". Será o Sábado 13 de Xaneiro ás 10:30h no Centro Cultural Daniel Castelao de Quintela (auditorio da Biblioteca Pública Municipal de Moaña).
2 de Decembro de 2000
XVII Mostra de Teatro Cómico e Festivo do 2 ao 9 de decembro do 2000 en Cangas do Morrazo con grupos de Galicia, Castilla, Madrid, EEUU, Arxentina, Asturias e Aragón.
9 de Novembro de 2000
Hai perspectivas de estrena-la obra en Decembro, pero non é posible concretar unha data.
29 de Outubro de 2000
O Sábado 04 de Novembro celebrarase unha cea despois do ensaio o obxecto dunha maior integracion do grupo.
27 de Outubro de 2000
Xa se pode falar do estreno da obra neste Nadal. Queda por determinar a data exacta.
10 de Xullo de 2000
Teatro Xerigonza da Universidade de Vigo representou a súa obra "A Grande Noite de Fiz" en Moaña o Venres 7 de Xullo ás 23:00 h. con dous componentes de Teatro Avresno.
22 de Febreiro de 2000
O Grupo de Teatro Xerigonza da Universidade de Vigo interpretará a súa última obra "A Grande Noite de Fiz" en Seixo (Marín) o Domingo 27 de Febreiro ás 16:30 h.
08 de Febreiro de 2000
Na última reunión sumouse unha nova actriz o noso grupo. Agora xa están cubertos tódolos papeis de personaxes femininos para esta obra...
23 de Xaneiro de 2000
Boas novas, incorporáronse dous novos actores cos cales damos xa por cumplido o cupo dos personaxes masculinos. Ademais na reunión de hoxe xa se procedeu ó reparto de personaxes.
17 de Xaneiro de 2000
Houbo cambios no grupo. Marchou un dos actores cos que contabamos e viu unha nova actriz. Agora estamos pendentes da incorporación dun cuarto actor. Na última reunión non se puido repartir os papeis dos personaxes ó non estar presentes tódolos componentes. Queda aprazado para o próximo ensaio.
09 de Xaneiro de 2000
  Estrenamos novo deseño de WEB. Esperamos que vos guste.
07 de Xaneiro de 2000
  Xa temos obra escollida e traducida ó galego. Trátase de "AS ÁRBORES MORREN EN PÉ" de Alejandro Casona.
23 de Decembro de 1999
  Teatro AvReSnO medra no seu número de compoñentes trala reunión celebrada hoxe. Xa somos nada máis e nada menos que 12 compoñentes con moita ilusión por facer teatro.

 Novas | Historia | Obras | Fotos | Calendario | Contactar | Enlaces | Foro | Libro Visitas